3) PDFs, audio e vídeo sobre o teito do petróleo
Desde esta páxina queremos proporcionar as ligazóns aos materiais de presentación máis interesantes que temos producido ou nos que temos colaborado:
- Gravación da palestra de Xoán Doldán a persoas do Movemento 15-de-maio en Compostela, sobre a Crise vista desde o Decrecemento: http://www.cenit-del-petroleo.info/arquivos/xoan-doldan-crise-decrecemento-acampadascq-2011-10-24.mp3 (24 de outubro de 2011).
- Ferrol-Terra noutro modelo produtor e enerxético, PDF coa presentación de Xoán Doldán no Foro Social de Ferrolterra celebrado en setembro de 2011.
- Decrecemento obrigado: as profundas consecuencias sociais e políticas do Teito do petróleo, PDF preparado por Manuel Casal Lodeiro para a Escola Popular Galega en Xuño de 2011.
- PDF da presentación sobre Decrecemento que fixo Xoán Doldán en Ferrol o 5 de xuño de 2011, para a Escola Popular Galega.
- Vídeo (en 4 fragmentos) coa intervención de Manuel Casal Lodeiro no I Foro sobre Ecoloxía Bases para unha sociedade con futuro, dentro do proceso Refundando a Esquerda, de Esquerda Unida (2 de Outubro de 2010). PDF desa mesma poñencia, titulada Implicacións do Teito do petróleo para a sociedade e para esquerda política e social.
- Entrevista sobre o Teito do petróleo con Manuel Casal Lodeiro no programa Viraventos, de Radio Fusión: http://67.213.211.110/audio/110310VESPERA.mp3 (10 de Marzo de 2010)
- PDF da presentación sobre o cénit do petróleo nas xornadas sobre Autosuficiencia Enerxética Rural en Santa Comba, tamén en formato ODP (recomendable, pois conserva as animacións) e a gravación en audio: http://vesperadenada.org/wp-content/blogs.dir/4025/files/2009/conferencia.mp3 (Xuño de 2009).
- PDF da presentación sobre o cénit do petróleo no Foro Social Galego (Decembro de 2008).
- Gravación en vídeo da mesa redonda sobre o cénit no Foro Social Galego (Decembro de 2008), con representantes de Adega, Sindicato Labrego, Permacultura Galiza, Unións Libertarias e Universidade Rural do Eume.



