2) Colaboremos
Se estás interesado/a en colaborar como particular ou como organización, podes poñerte en contacto connosco en vesperadenada ARROBA redegalega PUNTO org para:
- Enviarnos convocatorias, artigos, novas, suxestións de ligazóns… ou calquera cousa que consideres de interese.
- Informarnos das túas experiencias e iniciativas, como particular ou na vosa organización ou colectivo.
- Unirte a nós como socio, pagando a cota anual de 15 euros.
- Axudarnos a espallar a información sobre o futuro que nos agarda a nós e mais aos nosos fillos.
Grazas de antemán polo teu interese!





