Izquierda Unida pregunta ao goberno español polo Teito do petróleo e as manipulacións da AIE

Por medio de contactos con Esquerda Unida, a federación galega de IU, a nosa asociación conseguiu que o pasado día 24 de xuño Gaspar Llamazares, voceiro da coalición de esquerdas, presentase no rexistro do Congreso…

Análise de Xoán Doldán sobre as últimas previsión da AIE sobre a demanda de cru

Hai poucos días coñeciamos por medio de Cenit-del-Petroleo.info o que a prensa económica ortodoxa trasmitía ao respecto das últimas previsións feitas públicas pola AIE. Xoán Doldán pescudou un pouco nas fontes orixinais desa nova e…

Seguen as reaccións ás revelacións de The Guardian sobre as manipulacións da AIE

Neste caso o que responde ao comentado artigo é Colin Campbell, o xeólogo fundador da ASPO. Nunha carta sen desperdicio que dirixe ao director do xornal británico, fai un repaso do coñecemento que foi tendo…

Plataforma pola sostibilidade do rural galego ou cabalo de Troia contra o rural?

Non hai unha minaría sostíbel, nin monocultivos forestais sostíbeis, por moito que contorsionemos os conceptos. A sostibilidade real é contraria a este tipo de prácticas.

Charla sobre o Peak Oil en Lugo (martes 25 de abril)

O vindeiro martes, 25 de abril, terá lugar unha charla-coloquio organizada polo Mercado da Terra e pola Rede Galega de Decrescimento de Lugo, dirixida ao público en xeral, e que versará sobre a crise enerxética…

Unha proposta de rutura coa UE, consciente do «Peak Oil»

A continuación reproducimos parte dun documento que nos remite Miguel Anxo Abraira, no que a partir —entre outros posicionamentos— dunha consciencia do Teito do Petróleo e das súas consecuencias, se propón un movemento ruturista con…

WEO 2012: Que quere dicir en realidade o informe deste ano da Axencia Internacional da Enerxía?

Non extraña a alarma que se pode percibir nas análises que incluímos embaixo e que foron publicando diversos estudosos do problema enerxético acerca do informe anual WEO recentemente publicado pola AIE: non é para menos.…

Ex-director de estudos da OPEP escribe sobre o «Peak oil» para un xornal do Golfo Pérsico

Saadallah Al Fathi, antigo director do departamento de estudos da OPEP en Viena, escribeu o pasado día 6 de febreiro un artigo para Gulf News, importante xornal en lingua inglesa editado en Dubai. O artigo…

O prezo do petróleo volve marcar (en euros) o récord histórico de 2008

Ofrecémosvos traducido un artigo publicado o pasado martes no blog Oil Man de Le Monde, no que se nos fai ver como a depreciación do euro fronte ao dólar desde 2008 fixo que —contados na…

O pico do petróleo en varios medios de comunicación grazas a Europa Press

Sorprendeunos que unha das principais axencias de noticias mencionase —aínda que un tanto agachado dentro dunha nova que tocaba diversos temas e na boca non dun responsable político senón dun líder ecoloxista— nos medios de…

Axencia Internacional da Enerxía: O mundo móvese cara un futuro “terríbel”

(Tradución do último post de Matthieu Auzanneau no seu blog de Le Monde, co título de Vers un avenir « terrible » sans changement de cap (Agence internationale de l’énergie) feita por Xoán Doldán.) Cara…

A Axencia Internacional da Enerxía bota unha xerra de auga fría ás expectativas sobre o coche eléctrico

(Unha breve análise de Xoán R. Doldán coa que continuamos a reflexión sobre as cuestións da sostibilidade do modelo de transporte e mobilidade actual dependente do petróleo.) A Axencia Internacional da Enerxía analiza o futuro…

O primeiro ministro francés recoñece que o Teito do petróleo se produciu en 2009

Cando aínda estamos tentando avaliar o alcance do anunciado informe do FMI sobre o vencello entre declive do petróleo e caída do PIB e das balanzas de pagamentos, Antonio Turiel fainos chegar un novo recoñecemento…

O FMI dá a voz de alarma aos gobernos mundiais sobre o impacto económico do Teito do petróleo

Malia a teimosía dos grandes medios en botar a culpa do actual prezo do petróleo primeiro ás revoltas nos países árabes e despois ao conflito en Libia, a realidade subxacente do acelerado desaxuste entre a…

A resposta do Goberno español ás preguntas de IU sobre o Cénit do petróleo: “El petróleo nunca se acabará”

Lamentablemente non nos chegara noticia ata hoxe de que o goberno contestara, ¡6 meses despois! (16/12/2010), á pregunta parlamentar de Gaspar Llamazares que a nosa asociación promovera por medio de Esquerda Unida. Velaquí o texto…

Empresarios demandan ao goberno británico un plan de continxencia para o Teito do petróleo

O ITPOES, lobby industrial británico que conta entre os seus membros con coñecidos empresarios como Richard Branson ou Brian Souter, volveu reclamar do goberno británico un plan para facer fronte ao impacto do Peak oil.…

A Unión Europea recoñece o Teito do Petróleo?!

Hai tan só uns segundos que coñeciamos a noticia por medio do Twitter do investigador Lionel Badal, coñecido por destapar as manipulacións da Axencia Internacional da Enerxía en canto á dispoñibilidade futura de petróleo. Ao…

O goberno británico, preocupado, analiza o problema do ‘peak-oil’ en segredo

Hoxe aparecía a nova retrasmitida por diversos activistas do peak-oil no Twitter: o xornal The Guardian informaba das reunións que diversos ministerios británicos (incluído o de Defensa!) estaban a ter para analizar esta cuestión e…

Alfonso Guerra sobre o Teito do petróleo

Agora que comezou a conta atrás para o Goberno español se pronunciar sobre a cuestión do Teito do petróleo, a súa repercusión sobre a economía e a fiabilidade dos traballos publicados pola AIE, resulta moi…

Avanzan os traballos do Comité para un Teo sen petróleo

Este pasado martes 29 de xuño o Comité creado polo Concello de Teo para aplicar a resolución aprobada en agosto de 2009 acerca do Teito do petróleo, celebrou a súa segunda reunión de traballo. Na…

Cómo o ‘can de garda’ do petróleo mundial fallou na súa misión

A AIE enganou aos gobernos da OCDE por presións dos EUA. Esa é a conclusión dunha documentada investigación realizada por Lionel Badal que completa as revelacións xa feitas por medios británicos e das que xa…