4) Medidas fronte ao teito do petróleo: Educación

(Páxina aínda en desenvolvemento.)

Nestas páxinas iremos recopilando as medidas que nas diversas áreas da sociedade e da economía propoñen diversos autores e organizacións, para nos prepararmos fronte ás consecuencias do teito ou cénit do petróleo. Malia térmolas separado para unha máis doada consultar e organización, por áreas, advertimos de que deberían ser parte dunha actuación transversal, xa que o problema atinxirá practicamente a todos os aspectos da nosa vida.

Medidas relativas á educación

En xeral son medidas que axuden aos máis novos a prepararse para un futuro laboral coherente coa escaseza de petróleo, e aos que están en idade laboral, a se reciclaren para unha vida máis local e menos consumidora de recursos. É preciso un enorme esforzo en reciclaxe profesional porque moitos oficios actuais non teñen futuro e a inmensa maioría deberá aprender a facer as cousas doutra maneira e con outros materiais. Así por exemplo no terreo agrícola haberá que facer un esforzo especial.

Nivel nacional e/ou local (políticas públicas)

- Revisión dos programas educativos e de formación profesional continua nun contexto de escaseza de petróleo.
- Promoción das novas-vellas profesións que se van precisar na nova economía sustentable.
- Promoción da formación en torno ás enerxías renovables.
- Descentralización da formación en todos os niveis educativos.
- Promoción máxima da teleformación.
(Pendentes de engadir)

Nivel persoal

- Adquirir coñecementos en oficios que non dependan do petróleo para desenvolver o seu traballo.
- Formarse en cuestións relativas a produción e conservación de alimentos.
(Pendentes de engadir.)

Referencias

- Hopkins, Rob (2008). The Transition Handbook.
(Pendentes de engadir.)