4) Medidas fronte ao teito do petróleo: Economía
(Páxina aínda en desenvolvemento.)
Nestas páxinas iremos recopilando as medidas que nas diversas áreas da sociedade e da economía propoñen diversos autores e organizacións, para nos prepararmos fronte ás consecuencias do teito ou cénit do petróleo. Malia térmolas separado para unha máis doada consultar e organización, por áreas, advertimos de que deberían ser parte dunha actuación transversal, xa que o problema atinxirá practicamente a todos os aspectos da nosa vida.
Medidas relativas á economía
Son medidas que en case todos os autores xiran en torno a uns eixos claros: relocalización da actividade económica e decremento sustentable tanto en consumo de recursos como de enerxía. Ás aquí indicadas deben engadirse moitas das que teñen que ver co transporte e coa produción agrogandeira.
Nivel nacional e/ou local (políticas públicas)
- Reconversión de todas as industrias insustentables cara a outro tipo de actividades sustentables.
- Plan para a relocalización da economía e da sociedade.
- Reorientación da economía produtiva cara o consumo interno.
- Apoio a iniciativas empresariais non dependentes do petróleo.
- Apoio económico a proxectos empresariais que fornezan produtos substitutivos aos importados.
- Subvencións e vantaxes fiscais para as empresas e iniciativas cidadáns que potencien os circuitos curtos produción-consumo.
- Supeditación total da economía ao benestar social.
- Abxuración pública do mito do crecemento sostible.
- Penalización do consumismo e da publicidade. Fomento dun cambio cultural con respecto ao consumo.
- Promoción de moedas locais complementarias, bancos de tempo e sistemas de troco.
- Máxima promoción do teletraballo.
- Reforma fiscal segundo criterios ecolóxicos.
- Incentivos fiscais á eficiencia e á autosuficiencia enerxética das empresas. Obrigar a poñer paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético.
- Difusión e recuperación dos oficios tradicionais pre-industriais mediante exposicións itinerantes, programas de TV e clases en colexios e institutos.
- Revisión de todos os planos de investimento público baixo un escenario permanente de petróleo caro.
(Pendentes de ampliar)
Nivel persoal
- Reducir o gasto persoal e familiar ao mínimo.
- Cancelar hipotecas e outras débedas.
- Apuntarse a bancos de tempo, participar en sistemas de troco e de moeda complementaria.
(Pendentes de ampliar)
Referencias
(Pendentes de engadir)



