3) Datos de interese sobre o petróleo

(Páxina en desenvolvemento. De contado iremos engadindo máis datos.)

Para as referencias concretas das fontes citadas, vid. a nosa Bibliografía.

Datos sobre consumo de petróleo e consumo enerxético

  • Os combustibles fósiles representan o 98% do consumo enerxético do sector trasporte a nivel mundial (25.000 TWh/ano) [Fonte: Johansson, Liljequist, Ohlander & Aleklett (2010)]
  • O estadounidense medio/a consume a diario a enerxía equivalente a 150 escravos traballando as 24 horas do día para el/ela [Fonte: Heinberg (2003) p. 30-31].
  • A fabricación dun coche consume a enerxía equivalente a 20 barriles de petróleo. [Fonte: Sullivan Advisory] Outros cálculos din que a enerxía que incorpora (embeded energy) un coche medio é de 0,27 Terajoules = 270 GJ = 6,42 toe = 44 barriles de petróleo. Se con cada barril de petróleo se poden viaxar de media uns 1.400 Km nun coche estándar, iso significa que a fabricación dun coche equivale á enerxía que consume ese mesmo coche en combustible para viaxar 61.600 Km, é dicir máis de volta e media ao redor da Terra! [Fonte: Wikipedia]
  • A fabricación dun ordenador persoal consume dez veces o seu peso en combustibles fósiles. [Fonte: Sullivan Advisory]
  • A produción dun microchip consume 630 gramos de combustibles fósiles por cada gramo de peso do chip. [Fonte: Sullivan Advisory]
  • Unha procura normal en Google pode implicar a xeración de entre 1 e 10 g de CO2 [Fonte: Jonathan Leake & Richard Woods (2009)].
  • O petróleo supuña en 2010 o 27% dos custos do sector da aviación comercial en España [Fonte: As propias aeroliñas, citadas por Europa Press]

Datos sobre agrocombustibles

Datos sobre a agricultura e a gandería industriais

  • Producir cada caloría de comida requere o consumo dunhas 10 calorías de petróleo, incluindo o consumido na granxa, o transporte, o procesado e a preparación. [Fonte: Charles Hall & John Day]
  • O sector alimentario consume o 19% de toda a enerxía nos EUA. [Fonte: Charles Hall & John Day]
  • 40% do gran que se cultiva no planeta (47 millóns de hectáreas) é para engorde do gando. Se se destinasen a alimentar seres humanos aportarían as calorías suficientes para máis de 3.500 millóns de persoas. [Fonte: Gustavo Duch]
  • O 70% do millo cultivado nos EUA é para engorde de gando. A nivel mundial destínanse ao gando os 2/3 da tierra agrícola total ademáis do 1/3 das capturas de peixe. [Fonte: Albert Bates (2006) p. 76-77].
  • En 1945 unha granxa típica norteamericana producía 2.500 calorías de comida por cada caloría que empregaba no seu cultivo; en 1975 esa ratio baixara a 1:1 e hoxe en día estaría en torno a 1 caloría de comida por cada 10 empreadas [Fonte: Bermejo (2008) p. 157]. Se temos en conta os fertilizantes, herbicidas, maquinaria, irrigación, refrixeración e transporte, a relación actual sería de 1 caloría de comida producida en troques de 2.000 calorías gastadas! [Fonte: Bates (2006)]
  • Nos EUA para levar cada caloría de comida a un prato preparado fan falta 7,4 calorías. A nivel mundial esa relación é de 1:5. A maior parte desa enerxía procede de fontes fósiles. [Fonte: Aleklett (2010)]
  • Entre 2.500 e 4.000 Km é o recorrido medio das froitas e verduras entre as granxas produtoras e as tendas nos países industrializados [Fonte: Bermejo (2008) p. 155].
  • O prezo do leite no Reino Unido está ligado nun 60% ao prezo do petróleo [Fonte: Simon Snowden, citado por Aleklett].
  • A alimentación de 6.700 millóns de seres humanos, a razón de 2.500 cal/persoa, equivale a 7100 TWh, que expresado na enerxía equivalente en petróleo serían 12 millóns de barriles/día. [Fonte: Aleklett (2010)]
  • Se multiplicamos esas calorías pola media mundial que custa levalas ao prato, equivalerían a 60 millóns de barriles/día, o 30% de todo o consumo de combustibles fósiles mundial.[Fonte: Aleklett (2010)]
  • A enerxía neta que se obtén a nivel mundial da agricultura foi en 2006 de entre 7200 e 9300 TWh. [Fonte: Aleklett (2010)]

Estimacións sobre posibles transicións

  • Reemprazar os aproximadamente mil millóns de vehículos que consumen combustibles fósiles no mundo custaría entre 5 e 10 billóns de dólares. [Fonte: Robert Hirsch (2010)]
  • …o custe enerxético sería (vid. supra) de 20.000 millóns de barriles de petróleo (equivalente ao consumo actual mundial de petróleo durante máis de 7 meses).
Olark Livehelp