A Unión Europea recoñece o Teito do Petróleo?!
Hai tan só uns segundos que coñeciamos a noticia por medio do Twitter do investigador Lionel Badal, coñecido por destapar as manipulacións da Axencia Internacional da Enerxía en canto á dispoñibilidade futura de petróleo.
Ao parecer o responsable de enerxía da Unión, Günther Oettinger, declarou antonte que na súa opinión «o mundo chegou ao teito da dispoñibilidade de petróleo»: noutras palabras, xa estamos no Teito do petróleo, o Peak Oil.
Estas declaracións prodúcense tan só uns días despois de que a Axencia Internacional da Enerxía publicase o seu informe anual WEO 2010, no que recoñecían que o petróleo convencional xa chegara ao Teito hai 4 anos, algo que tan só agora recoñecen. [ACTUALIZACIÓN 18-11-2010: no 2008 dicían que o teito do petróleo convencional chegaría en 2020; isto fala ben ás claras do que nos podemos fiar das súas previsións e tamén do axiña que se está a producir o declive enerxético.]
As reaccións ao informe non deixan de producirse desde a súa publicación. A continuación salientamos algunhas:
- Xornal El País: La Agencia Internacional de la Energía afirma que la producción de crudo tocó techo en 2006 (aínda que o artigo sitúa esa cuestión nun segundo plano e pon o tema monetario -subvencións- no titular, amosando unha profunda incomprensión do significado para o mundo do concepto do Teito)
- The Oil Drum: IEA World Energy Outlook 2010 Now Out; a Preliminary Look e IEA World Energy Outlook 2010: Questionable Assumptions and Major Omissions.
- Crisis Energética (web da póla española da ASPO): La AIE confirma el cenit del petróleo convencional de 2006.
- National Geographic: Has the World Already Passed “Peak Oil”?
- Transition Voice: It’s official: Peak oil came in 2006
- Kjell Aleklett (de ASPO): Spin slips off oil production numbers – World Energy Outlook 2010 is a cry for help
- Antonio Turiel: La Agencia Internacional de la Energía reconoce la llegada del Peak Oil.
- [Actualización 18:35 GMT] Early Warning: IEA Acknowledges Peak Oil.
- [Actualización 18:37 GMT] Crude Oil Peak: IEA World Energy Outlook 2010: Global crude oil production will never grow again.
- [Actualización 19:00 GMT] Canarias ante la crisis energética: La Agencia internacional de la energía advierte del techo en la extracción de petróleo convencional.
- [Actualización 19:32 GMT] Newstatesman: The age of cheap oil is over
- [Actualización 14-11-2010] The New York Times (blog Green): Is Peak oil behind us?.
- [Actualización 14-11-2010] Bill Chameides: Peak Oil Finally Piquing Analysts?.
- [Actualización 17-11-2010] Tom Whipple: World Energy Outlook 2010 = Reading between the lines of the IEA report.
- [Actualización 17-11-2010] Transition Voice: Plenty of oil if price is no object.
- [Actualización 19-11-2010] Reuters: International Energy Agency Says ‘Peak Oil’ Began in 2006.
- [Actualización 24-11-2010] Chris Martenson: It’s Official: The Economy Is Set To Starve.
- [Actualización 24-11-2010] Tom Whipple: The IEA’s New Peak.
- [Actualización 30-11-2010] Mariano Marzo: Tres Arabias Saudíes en 10 años.
O alcance deste histórico recoñecemento público e oficial aínda é cedo para albiscalas, sobre todo porque se basean nun informe cheo de datos pouco realistas. Parece que o recoñecemento está sendo progresivo e agachando polo de agora as implicacións deste feito á sociedade.
Seguiremos informando e dando a valoración dos membros da nosa asociación e doutras persoas implicadas na divulgación do fenómeno do peak oil.





Sobre as declaracións do comisario de enerxía -que non é o primeiro comisario en falar do problema como xa temos contado neste blog- hai que tentar ver ata que punto son realistas ou non. Para empezar, vemos que di:
Ben, polo final da frase pero mal polo principio. Como que un camiño máis sustentable? O camiño actual non é sustentable en absoluto así que ese máis soa a puro eufemismo de político tentando que non se note que a UE o estaba a facer rematadamente mal e nos levaba cara o abismo. Veremos cara onde nos quere levar agora.
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 8:44 p.m.
A cuestión dos investimentos:
De onde vai saír ese diñeiro nunha economía que xa se está a contraer terminalmente? Non o explica. É dicir, por unha banda recoñece que cada vez vai haber menos enerxía e por outro asume que a economía vai medrar. Como pode ser iso?
Un pouco máis adiante el mesmo recoñece que non hai cartos para investir no necesario:
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 8:47 p.m.
Os retos (enerxéticos) da vindeira década = eufemismo para o peak oil
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 8:48 p.m.
Estratexia errada. Hai que producir onde se consume, e do tipo de enerxía que haxa.
…esa bala de prata non vai matar a Jevons, que segue moi vivo entre nós, que por desgraza aínda non comprendemos o seu paradoxo.
Eficiencia si, pero sen drástico aforro non servirá de nada.
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 8:52 p.m.
Ooooh! :-O Como?! Que o deus Mercado pode fallar?! E nalgo prioritario ademais?! É a fe no capitalismo que abanea?
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 8:54 p.m.
A súa frase final do discurso mencionando o ridículo e cansino mantra do crecemento sostible faime pensar que aínda que albisque o Teito non é quen de comprender -ou recoñecer publicamente polo menos- o que isto implica. Por favor, que alguén lle dea unha clase urxente de Termodinámica ao Sr. Comisario!
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 8:58 p.m.
E indo agora ao tema do informe da AIE, citarei a Antonio Turiel:
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:09 p.m.
En The Oil Drum sácanlle as cores aos da AIE, entroutras razóns por esta:
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:24 p.m.
En TOD tamén desmontan convincentemente 2 mitos comúns dos tecnoutopistas e cornucopiáns: o da transición a unha economía de servizos -ou desmaterialización da economía- e mais o do alcance das melloras en eficiencia e da capacidade de modificar as infraestruturas:
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:29 p.m.
Moi oportuno o que nos lembra Nafeez Mosaddeq Ahmed:
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:35 p.m.
…e por suposto a cuestión alimentar!
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:37 p.m.
Kjell Aleklett:
Segundo comenta Aleklett, o informe fala de que os pozos actuais van devalar a un ritmo superior ao 8% anual e que, para dentro de 25 anos (cando eu chegue a esa idade de xubilación que tiñamos ata agora, os 65), ao mundo halle faltar o 60% do petróleo que precisaría. E iso sen ter en conta a enerxía neta, como ben sinalaban os comentaristas do equipo editorial de The Oil Drum!
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:40 p.m.
A conclusión do experto sueco é contundente:
casdeiro said this on Novembro 12th, 2010 at 9:46 p.m.
Nun blog de ecoloxía no New York Times, facían ver a viraxe radical da AIE:
É dicir, de non ver o peakoil no horizonte, pasan velo no retrovisor. Como para fiarse deles, non é? Todos os analistas serios destes asuntos botan as mans á cabeza cada vez que se emite un informe da AIE, mais tamén van vendo como progresivamente, cada ano, esta se ve forzada a integrar a realidade innegable nos informes e a corrixir sempre á baixa as súas expectativas de dispoñibilidade mundial de petróleo.
casdeiro said this on Novembro 14th, 2010 at 7:25 p.m.
Polo de agora a nova apenas ten saído en medios de destacable difusión fóra do ámbito do activismo e científico.
O único medio xeralista que temos localizado facéndose eco é Arabian Business: http://www.arabianbusiness.com/global-oil-availability-has-peaked-eu-energy-chief-361527.html
(grazas á xente de ODAC por pasarnos a referencia. Eles por suposto tamén o referenciaron, reproducindo sempre a nova de Charlie Dunmore para Reuters.)
casdeiro said this on Novembro 16th, 2010 at 8:45 a.m.
Atopamos algúns novos ecos da declaración do Comisario na prensa online:
EUobserver / EU says joint-up energy grid will cost €1 trillion (comentan a frase acerca do teito do petróleo ao final do artigo, sen darlle relevancia)
Politische Vorgaben: Oettinger rechnet mit einer Überschreitung des «Peak Oil» « SOLID Nesta revista económica austríaca si que parecen entender a importancia da declaración como de pasada do Comisario. Aínda que non o temos traducido, polo menos vemos que o peak oil encabeza a noticia desde o titular.
casdeiro said this on Novembro 16th, 2010 at 8:37 p.m.
Ten tamén a súa graza o señor Günther Oettinger cando á vez que fala da necesidade de ampliar a Comunidade da Enerxía a países viciños da UE que queiran incorporarse, anuncia unha grande cooperación con África, para procurar proporcionarlle enerxía sustentábel a todos os os cidadáns deste continente. E non será o contrario? E a UE non quererá «cooperar» (sic) con África para que abran máis os seus mercados enerxéticos e que eles nos fornezan de algúns dos seus recursos enerxéticos: petróleo, gas natural, carbón, ou quizás, porque non, sol?
Xoán Doldán said this on Novembro 16th, 2010 at 9:58 p.m.
[...] [...]
Anónimo said this on Novembro 17th, 2010 at 3:03 p.m.
[...] Fatih Birol, o economista xefe da AIE, fixo estas declaracións en Madrid, dentro da súa tournée de presentación do informe anual WEO, do que xa temos falado nestes últimos días. [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Bye, bye, cheap oil! said this on Novembro 18th, 2010 at 6:04 p.m.
Non sen tempo, a ASPO tamén se fai eco da noticia publicada por Reuters.
casdeiro said this on Novembro 19th, 2010 at 8:45 a.m.
A nota que difundeu onte Reuters acerca do WEO’2010 (máis dunha semana despois de se ter presentado o informe??) contén xa desde o seu comezo varios erros:
Non se trata de que predigan (forecast) senón que o recoñecen como unha realidade xa pasada e comprobada. E non se trata de que o peak oil comece, como se fose un periodo de duración indeterminada (de «peak oil» age fala o autor ou autora), no cando do momento puntual e irrepetible que é.
Tamén indican erradamente que a AIE falou do global crude oil production cando en realidade se referían unicamente ao petróleo convencional.
casdeiro said this on Novembro 19th, 2010 at 8:51 a.m.
Penso que o recoñecemento da AIE do teito do petróleo convencional e mesmo o do Comisario de Enerxía poden ter un efecto perverso: estamos vendo cómo algúns medios que trasmiten estas novas están falando de que xa se produciu o Teito do petróleo, pero sen explicar en realidade que foi o que dixo cada fonte e por que non falaron das consecuencias previsibles do fenómeno. En consecuencia moita xente, parcialmente informada do asunto do peak-oil, ou que desexan seguir a crer que todo vai continuar como ata agora nas súas vidas… terán onde se agarrar para dicir: «Vedes? Chegou o famoso Teito e aquí non pasou nada», ou «Ben, recoñeceron o Teito, pero vedes? non son tan catastrofistas… hai amaño».
Coido que aínda non nos damos de conta os divulgadores da cuestión do Teito do contraproducente efecto que poden ter uns recoñecementos públicos tan pouco sinceros coma estes. Eran esperables, se non somos demasiado inxenuos, pero coido que non tiñamos calibrado o que podían perxudicar a concienciación pública sobre o asunto.
casdeiro said this on Novembro 19th, 2010 at 9:00 a.m.
É certo que agora recoñecer que o teito se alcanzou hai uns anos pode levar a que engadan iso de «e non pasou nada». Por iso, acho que hai que insistir no nexo profundo entre a crise actual e o peak oil. Foi aí na enerxía onde houbo os primeiros embates, e logo veu todo o demais, o derrube financeiro, o estancamento, a caída da demanda…
Xoán Doldán said this on Novembro 19th, 2010 at 10:47 a.m.
É ben interesante ler a análise de Chris Martenson (o do famoso Crash Course) sobre as repercusións para a economía mundial que ten o que di a AIE:
En resume: se cremos á AIE (vimos enriba que moitos, e o mesmo Martenson, cren que peca de excesivamente optimista) como carallo vai medrar a economía a partir de agora?
Pero non, aquí non pasa nada. Todo vai ben, todo vai ben, todo vai ben… e de contado volveremos medrar, aínda que sexa enerxeticamente imposible!
casdeiro said this on Novembro 24th, 2010 at 9:02 p.m.
Tom Whipple:
casdeiro said this on Novembro 24th, 2010 at 9:41 p.m.
Xoán, parece que te escoitaron ;-D
casdeiro said this on Novembro 24th, 2010 at 9:45 p.m.
Máis cores que lle sacan á Axencia, na mesma análise de Whipple que publicou o Post Carbon Institute:
casdeiro said this on Novembro 24th, 2010 at 9:48 p.m.
Mariano Marzo:
Alguén pode acreditar niso? A AIE pide implicitamente que teñamos fe no imposible!
casdeiro said this on Novembro 30th, 2010 at 8:42 p.m.
[...] internacionais comezan a falar algo máis claro sobre o que levan tempo advertindo moitos outros (actual Comisario de Enerxía europeo e anterior, Axencia Internacional da Enerxía, Exército dos EEUU, Intelixencia militar alemá, [...]
Véspera de nada » Blog Archive » O FMI dá a voz de alarma aos gobernos mundiais sobre o impacto económico do Teito do petróleo said this on Abril 8th, 2011 at 4:50 p.m.
[...] dato trasmitido tampouco é exacto xa que o que recoñeceu a AIE foi que pasáramos naquel ano o Teito pero do petróleo convencional, o cal non significa o Teito [...]
Véspera de nada » Blog Archive » O pico do petróleo en varios medios de comunicación grazas a Europa Press said this on Xaneiro 4th, 2012 at 6:02 p.m.