Serias advertencias de Siemens a Irlanda sobre o impacto do Teito do petróleo na súa economía
Aínda que sen mencionar expresamente o Teito do petróleo polo seu nome, a empresa Siemens ven de lanzar un serio aviso á economía irlandesa. Segundo as súas previsións —calificadas como optimistas polo ODAC, quen trasmitiu onte a noticia no seu boletín semanal— os altos prezos do petróleo e do gas natural restarán un 7,5% ao crecemento potencial do PIB do país.
![]()
Galiza debería ollar no espello irlandés e aplicarse o aviso. A nosa dependencia do petróleo importado é análoga á irlandesa, que é dun 80%. Se unimos estes cálculos aos avisos dos xeológos e outros expertos sobre a inminencia dun declive irreversible da oferta de petróleo, comprenderemos que a recuperación económica, en termos de aumento do PIB, é totalmente imposible.
O informe advirte de que:
Os prezos do petróleo é probable que aumenten a medida que os subministros minguen e as economías emerxentes consuman máis, ao tempo que os prezos poderían dispararse de súpeto debido a raíz de desastres naturais, tensións políticas ou guerras.
E engade que a xente máis pobre será a máis afectada, e moitas industrias, como o sector turístico, han sufrir dunha maneira desproporcionada a medida que a xente renuncie ás viaxes de lecer.
As recomendacións do director de operacións de Siemens para Irlanda, Werner Kruckow, inclúen investir en:
- Aforro enerxético: edificios e fábricas máis eficientes enerxeticamente, p.ex.
- Anovar a rede eléctrica irlandesa.
- Enerxías renovables: p.ex. ondimotriz e eólica.
- Maximizar a electrificación de coches, trens e autobuses.
O ODAC sinala que o informe da empresa reflicte claramente os seus intereses comerciais, pero dalle a benvida nun momento en que as políticas públicas se están a basear en supostos enerxéticos irreais.




[...] This post was mentioned on Twitter by Manu Casdeiro, Véspera de Nada. Véspera de Nada said: Serias advertencias de Siemens a Irlanda sobre o impacto do Teito do petróleo na súa economía: Aínda que sen me.. http://bit.ly/aU8U3k [...]
Tweets that mention Serias advertencias de Siemens a Irlanda sobre o impacto do Teito do petróleo na súa economía: Aínda que sen me.. -- Topsy.com said this on Xullo 24th, 2010 at 2:41 p.m.
[...] das análises estratéxicas dos EUA, por non citar as de organizacións do ámbito empresarial como Siemens o Lloyd’s, vimos de coñecer hai pouco esas negras perspectivas grazas a unha filtración dun [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Un informe da intelixencia militar alemá recoñece o ‘Peak-oil’ e os seus graves efectos políticos e económicos said this on Setembro 7th, 2010 at 9:14 a.m.