Avanzan os traballos do Comité para un Teo sen petróleo
Este pasado martes 29 de xuño o Comité creado polo Concello de Teo para aplicar a resolución aprobada en agosto de 2009 acerca do Teito do petróleo, celebrou a súa segunda reunión de traballo.
Na reunión estiveron presentes o alcalde, Martiño Noriega, Ana Varela, técnica de medioambiente, Xoán Doldán, encargado dos estudos técnicos do Comité e Manuel Casal en representación da nosa asociación.
Na xuntanza puxéronse en común os avances desde a anterior reunión onde quedara constituído o Comité e se trazaran as súas liñas mestras de traballo. Tamén se tomaron importantes decisións para ir concretando os froitos do Comité:
- Elixirase un nome para enmarcar todas as actuacións do concello neste terreo.
- O concello colaborará coa asociación Véspera de Nada no envío de documentación a outros concellos galegos para informar sobre o problema do Teito do petróleo.
- Poñerase en marcha un web temático acerca dos traballos do Comité, para difundir o seu labor e posibilitar a participación cidadá no mesmo.
- Estudarase a edición de material divulgativo de utilidade para os veciños de Teo saberen como afrontar as consecuencias derivadas do Teito do petróleo nas súas vidas, negocios, etc. Dentro deste material prantexouse a elaboración dun Manual para a transición enerxética, para o cal fará o Comité un proxecto orzamentado.
Tamén se falou da posibilidade de o BNG presentar unha pregunta oficial ao goberno galego semellante á que IU vén de presentar no Congreso dos Deputados.
A vindeira xuntanza do Comité terá lugar en Setembro. Namentres, o grupo manterá permanentemente aberta a comunicación por medio dunha lista de email interna de traballo, e continuará o traballo técnico para a elaboración do Estudo de vulnerabilidade de Teo fronte ao Teito do petróleo (dirixido por Xoán Doldán) e mais o deseño dun Plan de medidas para preparar o concello (coordinado pola nosa asociación).




[...] This post was mentioned on Twitter by Manu Casdeiro, Manu Casdeiro. Manu Casdeiro said: Menos mal que parte do #bng si se move con respecto ao #peakoil http://tinyurl.com/376lkwj Grazas a Martiño Noriega e o seu grupo municipal [...]
Tweets that mention Véspera de nada » Blog Archive » Avanzan os traballos do Comité para un Teo sen petróleo -- Topsy.com said this on Xullo 2nd, 2010 at 11:50 a.m.
Entrevista José Fariña | El cálculo de la entropía producida en diversas zonas de la estructura urbana y el modo transversal como manera de afrontarla
http://www.laciudadviva.org/blogs/?p=6155
miingos said this on Xullo 3rd, 2010 at 10:50 a.m.