Volvo: «Todos sabemos que o petróleo se está a acabar»
Segundo lemos hoxe no web oficial da ASPO a empresa automobilística Volvo recoñece o Teito do petróleo e fai notables advertencias por medio do seu xefe de product planning Lex Kerssemakers en Perth, Australia: «Se non introducimos alternativas agora, non imos estar preparados dentro de 5 anos cando o prezo do petróleo pode estar proibitivamente caro».
Volvo está a traballar en coches que fagan un uso máis eficiente dos combustibles e que empreguen motores ou combustibles alternativos.
Actualización 23/04/2010: Engadimos a gráfica na que xa en 2004 Volvo avisaba dun Teito do petróleo para o 2014:





Estes son os documentos onde Volvo fai ese recoñecemento explícito do teito do petróleo.
Informe:
http://www.peakoil.net/files/Volvo_Future_Fuels.pdf
Presentación:
http://www.cge.uevora.pt/aspo2005/abscom/ASPO2005_Willkrans.pdf
E como fontes citan a CJ Campbell
Xoán Doldán said this on Abril 21st, 2010 at 2:44 p.m.
Vaia, son documentos… ¡xa de 2004! :-O Grazas, Xoán!
Copio algunhas frases do primeiro deles:
É dicir: xa en 2004 estaban avisando de que o Teito do petróleo chegaría probablemente en 10 anos (2014).
casdeiro said this on Abril 23rd, 2010 at 7:41 a.m.
Velaquí a gráfica que publicaba Volvo hai 6 anos:
casdeiro said this on Abril 23rd, 2010 at 7:45 a.m.
Mmmm… non aparecen as imaxes nos comentarios. Verei de poñela na entrada principal.
casdeiro said this on Abril 23rd, 2010 at 7:46 a.m.