Seguen as reaccións ás revelacións de The Guardian sobre as manipulacións da AIE
Neste caso o que responde ao comentado artigo é Colin Campbell, o xeólogo fundador da ASPO. Nunha carta sen desperdicio que dirixe ao director do xornal británico, fai un repaso do coñecemento que foi tendo desde os anos 60 das falsidades agachadas tanto polas empresas privadas, polos gobernos da OPEP e mais polo can gardián dos intereses dos países consumidores, a AIE.
Un dos momentos máis interesantes neste breve relato case-detectivesco é o momento en que, presionada polos gobernos occidentais tras as revelacións xornalistas de 1999 acerca de que o termo petróleo non convencional non identificado (incluido nos informes que a AIE facía ao G-8) era simplemente un eufemismo para referirse a un desabastecemento que prevían para despois de 2010, decidiron mudarlle o nome no seu anual World Energy Outlook polo de petróleo convencional non-OPEP. Así enterraron aínda máis a evidencia do que querían dicir, que só sería coñecido desde entón, segundo interpreto eu, polos devanditos gobernos.
Porén, queremos reproducir partes do final da carta, traducidas ao galego, pola súa importancia e clara síntese da situación á que nos afrontamos:
Dado o papel central que o petróleo ten na economía moderna, o teito da súa produción promete ser un punto de inflexión de proporcións históricas. Semella que os bancos estiveron prestando máis do que tiñan en depósito, confiando en que o medre económico do mañá sería paralelo á débeda do presente, sen recoñecer que a expansión era alimentada por enerxía baseada no petróleo barato. Os gobernos están agora imprimindo aínda máis diñeiro baixo principios keynesiáns, na esperanza de restaurar a pasada prosperidade, o cal pode atopar un breve éxito. Pero se o consegue, estimularía a demanda de petróleo que de contado habería rachar de novo os límites da oferta levando a outro shock nos prezos e en consecuencia a unha depresión económica aínda peor. De feito, hoxe 28.000 millóns de barriles anuais manteñen unha poboación mundial de 6.700 millóns de persoas, pero para o 2050 o subministro terá caído a un nivel só capaz de manter menos da metade desa poboación, co actual modo de vida.
(…) Os retos son grandes, e está claro que os gobernos deben moverse urxentemente para se prepararen para o que se aveciña. En paralelo veñen os retos da mudanza climática que están parcialmente vencellados aos do subministro de petróleo.
Ben podería haber agora un certo espertar, e os gobernos da OCDE poden comezar a procura dun paraugas baixo o que introducir novas políticas a nivel nacional. Isto pola súa banda permitiría que a AIE dese un paso adiante con avaliacións máis realistas da situación. Os medios de comunicación tamén teñen un importante papel para alertar á xente en xeral do que vai pasar.




[...] problema do que levamos décadas sabendo, e por outra polas afirmacións cada vez máis sólidas (Colin Campbell, Michael Ruppert) de que os gobernos dos países máis poderosos levan tempo sendo conscientes do [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Ao final vai resultar que si que se acaba o petróleo… said this on xaneiro 17th, 2010 at 1:37 pm
[...] tema do peak oil [Teito do petróleo] saltou o pasado novembro cando confidentes procedentes da Axencia Internacional da Enerxía explicaron que o problema tiña sido ag… durante un longo periodo. BP e outras empresas petroleiras insisten en que hai pouco perigo de que [...]
Véspera de nada » Blog Archive » O goberno británico convoca un cumio coas empresas, ante a preocupación polo ‘Peak oil’ said this on agosto 21st, 2010 at 11:22 am
[...] en Transición (enerxética) existen. Iso parecería polo menos na teoría. Pero se son certas as filtracións aparecidas nestes últimos meses acerca de que os Estados Unidos lideraron unha ocultac… e polo menos os gobernos do G-8 están ao corrente da mesma desde hai unha década, semella unha [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Frustración e esperanza na reunión do goberno británico con empresarios e activistas do ‘Teito do petróleo’ said this on agosto 21st, 2010 at 11:23 am
[...] realizada por Lionel Badal que completa as revelacións xa feitas por medios británicos e das que xa nos fixéramos eco neste blog. O artigo que a continuación reproducimos traducido por Xoán Doldán e Manuel Casal, ven [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Cómo o ‘can de garda’ do petróleo mundial fallou na súa misión said this on agosto 23rd, 2010 at 5:45 pm