Carlos Taibo falará sobre o decrecemento este xoves en Compostela
Segundo nos informa Verdegaia Carlos Taibo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid e autor dunha vintena de libros sobre o capitalismo, a mundialización, a xeopolítica, os movementos e a economía, falará sobre “Decrecemento: consumir menos para vivir mellor” o vindeiro xoves, 5 de novembro ás 20:00 no hotel Virxe da Cerca, nun acto organizado por Verdegaia-Compostela.
Non deixaremos de asistir para desfrutar coa claridade expositiva e a lucidez dun dos máis salientables intelectuais da nosa Diáspora.
Para ir abrindo boca recomendamos a lectura dun recente artigo seu publicado por Altermundo acerca do Decrecemento.




Copio máis información recibida dos compañeiros de Verdegaia:
casdeiro said this on novembro 3rd, 2009 at 7:32 pm
[...] maxistral palestra que deu onte en Compostela Carlos Taibo, convidado por Verdegaia, expuxo coa súa claridade habitual repleta de didácticos símiles, a [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Carlos Taibo: ‘Vennos enriba un caos xeral de escala planetaria’ said this on novembro 6th, 2009 at 10:04 am