O presidente da petroleira Total avisa dun teito do petróleo máis baixo
Segundo publica hoxe o portal CrisisEnergetica, o presidente da compañía petroleira Total, Christophe de Margerie, ven de poñerlle unha cifra ao teito do petróleo: 89 millóns de barriles diarios. O mundo, disque, nunca poderá producir máis ca esa cantidade. A partir de aí, virá a inevitable caída ano tras ano, da produción mundial, o descenso pola Curva de Hubbert. Esa modificación das súas anteriores previsións para 2015, rebaixando en 4 millóns diarios a capacidade máxima produtiva que antes consideraban se podería acadar, achega aínda máis a data do temido cénit.
Para Margerie, a actual situación na que existe un exceso de capacidade produtiva, será pasaxeira, e no futuro, «a demanda hase manter restrinxida polo suministro». Explícao porque tanto as compañías nacionais coma os produtores privados «teñen substancialmente limitadas as súas capacidades para atoparen inversores na situación financieira actual».




A noticia tamén a comentan no web da ASPO: http://www.peakoil.net/total-the-world-will-never-be-able-to-produce-more-than-89-mbpd-of-oil
casdeiro said this on Febreiro 20th, 2009 at 8:56 p.m.
Vimos de corrixir o link á noticia no Financial Times, para que se poida ler enteira: http://www.ft.com/cms/s/0/1df0bc9c-fbc7-11dd-bcad-000077b07658.html?nclick_check=1
casdeiro said this on Febreiro 20th, 2009 at 8:59 p.m.
[...] evidente que causa vergonza allea escoitala! Para cando unha actitude afastada da fantasía, como a dos seus colegas franceses de Total, sen ir máis lonxe, que por certo tamén defenden un aumento dos impostos aos [...]
Véspera de nada » Blog Archive » Segundo Repsol-YPF pensar en que o petróleo se acabe ‘non é realista’! said this on Agosto 21st, 2010 at 12:10 p.m.