Cando levantemos cabeza da crise económica, bateremos coa crise enerxética

De novo a AIE dá a alarma. Hai algún político escoitando? Por aquí por Galiza dá a impresión de que non…

Segundo informa Reuters, a Axencia Internacional da Enerxía advirte (e xa van veces!) de que a tranquilidade enerxética nos está a dar unha falsa impresión de que non hai problema por esa banda, pero que en canto a demanda se recupere, segundo vaia erguendo cabeza a economía, imos bater coa insuficiencia do suministro da materia máis vital para o seu funcionamento, o seu auténtico sangue negro: o petróleo!

A data sitúana en 2010, precisamente onde recentes declaracións do Ministro de Economía español Pedro Solbes situaban o comezo dunha posible recuperación económica. Para entón calculan que a demanda volverá medrar aproximadamente nun 1%, tras a baixada actual.

3 Responses to “Cando levantemos cabeza da crise económica, bateremos coa crise enerxética”

  1. Insisten desde a AIE pedindo unha mudanza radical no modelo enerxético antes do 2013.

  2. [...] non se pode falar de autodeterminación ou de independencia sen poñelo en relación co panorama histórico que temos por diante caracterizado en primeiro lugar pola chegada da produción mundial de petróleo ao seu teito: nada [...]

  3. [...] os prezos do barril durmidos coma fera narcotizada… e as medidas para paliarmos o impacto que virá cando queiran abrir de novo a billa a tope, lonxe das vontades políticas da maioría dos [...]

Leave a Reply