Cidades (e bisbarras e vilas e lugares…) ¿en «Transición»?

Agardamos con moito interese que da charla da matemática Doly García mañá na Coruña poida saír o xermolo das primeiras iniciativas do Movemento de Cidades en Transición. Diante desta perspectiva no seo da nosa asociación estase a producir un debate acerca da conveniencia do termo transición no ámbito español e galego. Estas son algunas das achegas dos nosos membros ao respecto:

A lectura do libro Transition Handbook fixo nacer en min o entusiasmo por ver de contado iniciativas destas en Galiza, pero que fago notar que no Reino o termo «Transición» polas súas recentes connotacións histórico-políticas non é o máis acaído e comprería buscar outro.

Concordo no negativo de «transición» por estas terras…

por se serve, no mundo do software libre estase comezando a deixar de usar o termo «migración» para referirse ao proceso de adopción dunha contorna libre deixando atrás o software privativo. No seu lugar emprégase «evolución»…

Quizás sexa unha opción demasiado obvia e polo tanto pouco afortunada pero unha forma non demasiado diferente sería falar de sociedades ou comunidades «en tránsito».

O problema da «transición» é tanto a connotación española como o uso que se fai en economía e política do termo «sociedades ou economías en transición» e que non ten nada que ver co que aquí nos preocupa, senón todo o contrario. Por ex.

Sociedad en Transición (Enciclopedia EUMED)
Consideraciones Especiales para los Países en Transición
Economías en transición

A «transición» é interpretada case sempre desde as sociedades precapitalistas ou non capitalistas cara o capitalismo. Transción do feudalismo ao capitalismo, transición do socialismo ao capitalismo. A meta cara a que se transita é o capitalismo.

Talvez por iso sería mellor facer fincapé máis no obxectivo que se pretende alcanzar ou engadir algún calificativo á transición. O problema seguramente reside en que nalgúns países xa se instalou esta acepción. Máis despois de terse espallado a denominación antiglobalización foi posíbel mudalo por alterglobalización. Non sei, para pensalo.

Transición? Evolución? Tránsito? … o debate terminolóxico coidamos que é importante, porque a denominación dun proxecto adoita ser o primeiro paso no seu proceso comunicativo. E nin Galiza nin España son o Reino Unido, nin Irlanda nin Australia… así que haberá que buscar termos máis acaídos á nosa cultura e sociedade.

9 Responses to “Cidades (e bisbarras e vilas e lugares…) ¿en «Transición»?”

  1. Concordo con estas valoracións. Anímaste a trasladar esta cuestión a http://transicion.ning.com ?

  2. Por suposto, Sergio. Lémonos alí.

  3. Xa está creado o novo fío en http://transicion.ning.com/forum/topics/es-adecuado-el-termino

  4. Consultando no dicionario Estravís por un tema colateral a este, atopei algunhas verbas que podería alumear se cadra este debate, e que veñen significando transición, cambio ou cousas parecidas:
    - viraxe
    - troca / troco
    - mudanza

  5. Se cadra sería mellor ampliar un pouco o enfoque, e dado que «en Transición» realmente non indica «transición cara a ónde», sería preferible adoptarmos a denominación «post-carbónicas» que usa o movemento análogo ás Transition Towns nos EUA: http://postcarboncities.net/

    Penso que así ficaría claro, e se trasmitiría unha mensaxe máis directa aos cidadáns e mais aos gobernos, xa que falar de «en transición» requere unha 2ª explicación acerca do tipo de transición, mentres que no termo post-carbónicas xa vai implícita a transición/evolución («post») e cara a onde («non-carbónicas»). Mesmo poderíamos ir máis alá e dicir directamente «post-fosilistas» (se cadra un tanto críptico: «non señora, non falamos dos fósiles que colecciona o seu neto») ou «post-petrolíferas».

  6. Sego remoendo (mulling over que dirían os das Transition Towns) sobre a mellor terminoloxía desde o punto de vista comunicativo para usarmos, porque espero que estea preto a posta en marcha dalgunha iniciativa local neste sentido en Galiza.

    Sendo vendo o problema dos adxectivos referidos ao substantivo petróleo porque aínda que vexo claro que teremos que falar de Lugares (así incluimos cidades, vilas, parroquias e aldeas/lugares) ex/post-… non acabo de ver claro como rematar ese adxectivo.

  7. petrolífero = que contén petróleo
    petroleiro = relativo ao petróleo

    Eu teño empregado algún adxectivo petrolívoro (que come ou se alimenta de petróleo) polo seu claro significado, pero tampouco sei se sería a mellor escolla.

  8. Equivalente sería petrolífago.

  9. Sobre petrolero vs. petrolífero: http://www.fundeu.es/Recomendaciones.aspx?frmOpcion=RECOMENDACION&frmFontSize=2&frmIdRecomendacion=344

Olark Livehelp