Recoñecemento oficial do cénit do petróleo (convencional) para dentro de 11 anos

¿Pueden imaginarse una amenaza importante contra la que nuestro gobierno no esté preparado? Emplea a un ejército de funcionarios, espías (agentes secretos) y consultores para valorar las posibilidades de un ataque terrorista, los colapsos financieros, las inundaciones, epidemias e incluso las posibles colisiones de asteroides y para pensar lo que harían si sucediese algo de esto. Pero existe un peligro sobre el que (el gobierno) aparece totalmente relajado: nunca ha llevado a cabo su propia valoración del estado de los suministros globales de petróleo y sobre la posibilidad de que puedan llegar al cenit y después comenzar a declinar
Así introduce o xornalista George Monbiot unha entrevista con Fatih Birol, da Axencia Internacional da Enerxía, da que nos dan conta en CrisisEnergetica.org.
Se fan falta 10 anos para evitar os peores efectos do cénit (segundo o Informe Hirsch encargado pola Administración Bush Jr.), parecería gravemente irresponsable (por non dicir criminal) que os partidos políticos non comezasen a incorporar urxentemente medidas mitigadoras deses efectos nos seus programas electorais.
(Iso contando con que a evidentemente ineficaz AIE acerte máis que outras organizacións non oficiais, científicos e analistas que poñen a data dese cénit bastante máis preto de nós e mesmo nos anos que vimos de pasar.)
Veremos algo semellante a ese tipo de medidas nos programas de goberno que nos presenten aos galegos dentro de apenas un mes?




Sen dúbida non veremos ese tipo de medidas nos programas de goberno, cando menos daqueles que aspiran a gobernar. Algúns acentuarán a súa atención nas enerxías renovábeis e anunciarán a disposición a abordar medidas concretas sobre melloras no aforro e a eficiencia enerxética. Insistirán na necesidade de aumentar a produción enerxética aumentando o peso das enerxías renovábeis: levar a bo porto o novo escenario eólico que agora comeza, autorizar as novas plantas de tratamento (eléctrico) da biomasa, e fomentar o uso da enerxía solar, avanzar na investigación e desenvolvemento das enerxías do mar ou na tecnoloxía do hidróxeno. Veremos como se nos fala de coches eléctricos e híbridos, de carrís bici, de máis plans renove de electrodomésticos, e de moitos usos enerxéticos que leven o adxectivo de eficiente. En definitiva, tentarán presentarnos un panorama futuro dun país que aposta polas renovábeis e que se compromete con unha ética moderna do consumo enerxético. Incluso algúns falarán dos carrís-bus, da importancia do transporte colectivo e de promover unha empresa galega de transporte ferroviario, iso si sen renunciar á prioridade do AVE.
Non veremos en cambio unha renuncia a seguir fomentando o transporte por estrada e as vías de alta capacidade, a seguir esmagando o territorio baixo toneladas de formigón e asfalto para aumentar aínda máis o consumo de petróleo.
Non veremos unha renuncia ao fomento do biodiesel, que estará metido no mesmo saco das outras renovábeis, aínda cando incida no mesmo modelo de transporte que os derivados do petróleo, aínda cando só serva para aumentar a oferta de combustíbeis do sector petrolífero.
Non véresmos renunciar á idea do gas natural como alternativa (alternativa de qué?). Non veremos anunciar o fin das centrais térmicas senón a súa conversión en ciclos combinados. Combinados de fósiles.
Non veremos renunciar ás macroinfraestruturas portuarias para que siga a entrar petróleo, carbón, gas natural, ou aceites e cereais para a fabricación de agrocarburantes.
Non veremos tampouco unha renuncia ao modelo de (sic) ordenación territorial. Facendo de vilas e cidades os polos para conseguir un crecemento económico ao que NENGÚN renunciará.
Non veremos unha aposta polo rural, pola descentralización. O rural visto como o que debe ser salvado e non como o lugar onde está a salvación: alimentaria (a enerxía do metabolismo somático) e enerxética (o alimento do metabolismo exosomático).
Non veremos unha aposta decidida por un uso descentralizado das enerxías renovábeis, fuxindo dun modelo industrial de explotación enerxética realizado polos mesmos grandes conglomerados empresariais que participan do negocio das enerxías fósiles e das nucleares, que só atenden a vender o seu produto, a enerxía, que só buscan, como calquera outra empresa, obter beneficios. Sendo grandes empresas buscan grandes beneficios e estes van asociados a estratexias de crecemento: das ventas, da produción. Canto máis grandes son máis voraces son tamén na procura de beneficios e máis activamente promoverán o aumento do consumo enerxético xeral. E mentres haxa algo que vender venderase. Por iso sempre houbo tanta resistencia na AIE a admitir o cénit do petróleo, porque se trata do club dos consumidores, do lobby dos grandes intereses transnacionais da enerxía, porque non se fala mal do negocio cando o negocio vai en aumento, aínda que se saiba que algún día pode ir mal, xa haberá tempo para iso, xa nos ocuparemos diso cando for preciso.
Non veremos unha aposta decidida por mudar o sistema de produción dominante nin o modelo de consumo. A produción en masa para o consumo de masas é o que se busca, o resto (o artesanal, o local, o ecolóxico, o comercio xusto…) está ben en tanto ocupa un “nicho de mercado”, resulta “progre” pero non se concibirá como o camiño cara unha alternativa ao agora existente.
E, nestas circunstancias, non queda sitio para os “catástrofistas”, porque nunca choveu que non escampara. Porque nos programas dos partidos que queren gañar as eleccións danse solucións, pero solucións que signifiquen que ausencia de sacrificios, ausencia de compromisos de cambio real.
Por iso seguirase sen falar do cénit do petróleo nos programas de goberno, porque ninguén gaña anunciando desgrazas e pedindo sacrificios, senón vendendo bonanzas e ofrecendo agasallos. Ninguén falará nos seus programas do cénit do petróleo porque non saben o que é, non oíron nin queren oír falar del.
Xoán D. said this on Decembro 20th, 2008 at 6:23 p.m.
Grazas polo teu exhaustivo comentario, Xoán. Pero…
Ti cres que non oíron realmente falar do cénit? Cres que cando menos nas altas esferas dos partidos maioritarios, non teñen recibido algún tipo de comunicado ou informe aínda que sexa dos servizos de intelixencia españois? É posible que non estean atentos ao que están a facer noutros países?
Eu mais ben penso que é o que dis xusto antes: o «síndrome Carter»: non falo da necesidade de sacrificios porque iso me faría perder as vindeiras eleccións, aínda que sexa o meu deber para tentar salvar o país.
casdeiro said this on Decembro 20th, 2008 at 8:55 p.m.
Non coidas que habería que rachar con ese non-falar do tema? Obrigando de algunha maneira aos partidos a posicionarse? Coido que estas declaracións da AIE nolo poñen en bandexa. Xa non teñen excusa!
casdeiro said this on Decembro 20th, 2008 at 8:56 p.m.
Así é, acho que non teñen excusa para permanecer calados. Con todo, non lle outorgo a perspicacia oportuna para posicionarse diante do debate científico. Con certeza algúns (poucos) terán oído falar do tema, máis pecan dun optimismo delirante na ciencia e na tecnoloxía: «se houber algún problema real ou cando o haxa, xa se inventará algo que dea solución», non hai sol a esgalla? e se non o hidróxeno, con toda a auga que hai no mar!, ou a fusión nuclear!. Cando se ten unha fe cega no progreso material e na redención do crecemento económico todo aquilo que o cuestiona é afastado, negado, esquencido. Quizás oíron pero non o tempo suficiente como para facerlle caso. Admitilo é negar a verdade revelada, negar o seu papel como profestas do capitalismo (salvaxe ou con rostro humano, fascista ou socialdemócrata). Seguen sen ter excusa. Por iso, que falen.
Xoán D. said this on Decembro 21st, 2008 at 1:16 a.m.
Isto é o que comentan en ASPO. Como vedes, inciden nos bruscos cambios nas datas do cénit:
Eu penso que hai que teimar por 3 vías (e é propósito desta asociación):
1) Publicar cartas e artigos nos xornais e na Rede para crear concienciación pública sobre a cuestión
2) Insistir polas escasísimas vías participativas que nos deixa o sistema partidocrático: mails aos parlamentarios, comentarios nos blogs dos políticos, no web do parlamento, etc.
3) Tentar obter pronunciamento oficial nos seus programas sobre a cuestión
Que tal tamén a redacción dun manifesto asinado por científicos, técnicos, movementos sociais?
casdeiro said this on Decembro 21st, 2008 at 9:13 p.m.
Sego con citas do artigo de Monbiot en The Guardian:
casdeiro said this on Decembro 21st, 2008 at 9:47 p.m.
Dos comentarios dos lectores de The Guardian tamén me gustaría salientar algunhas cousas, p.ex.:
Efectivamente non é unha cuestión menor: as predicións da AIE dan por boas as reservas que apareceron por arte de maxia nos anos 80 entre os países da OPEP, e dá por factible a utilidade óptima dos petróleos non convencionais. É dicir, que se descontamos isto… estamos en datas moito máis aproximadas ás que ven dando ASPO desde hai tempo: é dicir, 2010 (ou un pouco despois se a demanda que se destrúe pola crise económica chega a ter unha repercusión notable no consumo de petróleo).
casdeiro said this on Decembro 21st, 2008 at 9:57 p.m.
Noutro comentario outro lector explica:
Unha moi lúcida predición do camiño máis probable da economía mundial nos vindeiros anos, se non reaccionamos antes.
casdeiro said this on Decembro 21st, 2008 at 10:03 p.m.
[...] xa chegara ao Teito hai 4 anos, algo que tan só agora recoñecen. [ACTUALIZACIÓN 18-11-2010: no 2008 dicían que o teito do petróleo convencional chegaría en 2020; isto fala ben ás claras do que nos podemos fiar das súas previsións e tamén do axiña que se [...]
Véspera de nada » Blog Archive » A Unión Europea recoñece o Teito do Petróleo?! said this on Novembro 18th, 2010 at 6:38 p.m.