Análises das conclusións da reunión de Washington do G20

Moi recomendable a análise do documento final que fai Gabriel Tobar García, coñecido ciberactivista sobre cuestións enerxéticas, e mais a que publica o web de AEREN. En resumidas contas, se non funciona o sistema… tomade dúas cuncas!!

2 Responses to “Análises das conclusións da reunión de Washington do G20”

  1. A obsesión co crecemento xa é preocupante. Van manter a mentira do traxe novo do emperador ate o final. Os límites están aí, queiran non queiran velos ou recoñecelos. E cando batamos brutalmente contra eles, a quen lle pedimos responsabilidade? É hora de rachar con tanta mentira e buscar un cambio radical desde abaixo, desde as nosas propias vidas, expandéndoo a nivel local e despois na nosa pequena nación. Pero non contemos cos políticos: mentres segan atados ao dogma do imposible crecemento perpetuo, non farán senón atrancar as verdadeira solución: o decrecemento controlado.

  2. É moi recomendable traer de novo á memoria o clásico documental de Gabriel Tobar que pode ser visualizado en La falacia del crecimiento sostenible. 52′ de didáctica das matemáticas que poden cambiar a túa visión do mundo.

Leave a Reply